top of page

XÉNERO TEATRAL

Nome do recurso: Intern@uta

URL: http://goo.gl/yVD3Sp  

Procedencia: Vicens Vives

Descrición: Nesta web pódese encontrar máis material didáctico relacionado coa literatura galega. Con todo, pareceunos importante destacar a sección de teatro na que diversos docentes colaboran enviando os diferentes textos teatrais en lingua galega que representaron cos seus alumnos para que outros mestres os poidan utilizar. Unicamente se pode acceder ao texto das obras.

Destinatarios: Docentes

Posibilidades didácticas: Coa finalidade de fomentar a lectura, podemos propoñer aos alumnos que escollan cada un a que máis lles apeteza ler e a lean na casa para explicarnos ao día seguinte de que trata e se pensa que estaría ben para representar na clase. Cada vez que un neno ou grupo de nenos saia a explicar unha obra o resto da clase votará se quere ou non representala e, finalmente, representaríamos a máis votada. É unha forma de favorecer a participación democrática mentres fomentamos a lectura e traballamos a expresión oral e as quendas de palabra. Tamén poderiamos contribuír con novos textos que se escollerían na aula e se representarían entre o alumando.

Nome do recurso: Vídeos teatrais - O coelliño branco

URL: https://goo.gl/aSFRmg  

Procedencia: Particular

Descrición: É a gravación da representación teatral da obra “O coelliño branco” feita polos alumnos de 5º e 6º curso do CEIP Coutada Beade

Destinatarios: Os docentes e o alumnado

Posibilidades didácticas: Mediante este vídeo podemos acceder a moitos outros de representacións teatrais de primaria en lingua galega; isto pódenos servir para ter unha batería de obras para representar ou para ensinarllas aos nenos cando traballemos o teatro na clase para facer as explicacións menos monótonas.

Poderíamos, tamén, facer algo similar nas nosas aulas para axudar a aumentar este tipo de recursos.

Recursos similares:

https://goo.gl/Kx9Ol2 “O dragón devorador”

https://goo.gl/WO42db “A raíña de Turnedó”

 

bottom of page