top of page

Bibliotecas e centros de documentación

Nome do recurso: Biblioteca Virtual Galega (BVG)

URL: http://goo.gl/aTVF4w

Procedencia: Universidade da Coruña

Descrición: Biblioteca virtual que nos dá acceso a unha grande cantidade de obras galegas en diversos formatos dependendo da obra. Se ben hai algunhas que non se encontran dispoñíbeis, as que si o están podemos encontralas en audio, vídeo, texto ou imaxe.

Destinatarios: Docentes e alumnado

Posibilidades didácticas: A clasificación por xéneros, etapas e autores ofrécenos a oportunidade de buscar de forma ordenada aquilo que necesitemos para levar á clase. Ademais podemos utilizar a sección de novos escritores para traballar as creacións do alumnado xa que ofrece a posibilidade de facelas públicas, ou crear os nosos propios audios de recitais na aula baseándonos nos textos que máis lles gusten ao alumnado.

Recursos similares:

http://goo.gl/ixXUOx Biblioteca dixital impulsada pola Xunta de Galicia.

http://goo.gl/lr3i Biblioteca virtual das letras galegas

http://goo.gl/zqYQF1 Clasificación por autores

 

Nome do recurso: Web da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG)

URL: http://goo.gl/zvPjXy

Procedencia: AELG

Descrición: Web dedicada á obra dos diferentes escritores en lingua galega. Contén unha sección de didáctica que pretende, segundo eles mesmos afirman, ser unha xanela aberta á divulgación de contidos pedagóxicos en lingua galega.

Destinatarios: Docentes.

Posibilidades didácticas: A propia web ofrece a posibilidade de ter acceso a unha serie de unidades didácticas relacionadas con diferentes obras en lingua galega. Ademais dános acceso ao centro de documentación da AELG onde están todos os autores que forman parte da asociación ordenados de forma alfabética e, desde o seu nome, temos acceso á súa páxina web, a partes da súa obra e a outros documentos. Isto ofrécenos, por exemplo, a oportunidade de crear na aula textos imitando os de outros autores .

bottom of page