top of page

XÉNERO NARRATIVO

Novela

Nome do recurso: O lapis do carpinteiro - Historia das irmás Vida e Morte

URL: https://goo.gl/R2BjWv

Procedencia: Os arquivos da meiga

Descrición: Fragmento da película “O lapis do carpinteiro” baseada na novela do mesmo nome no que se conta a historia da vida e a morte.

Destinatarios: Alumnado de terceiro ciclo.

Posibilidades didácticas: Pode servirnos para analizar un dos grandes temas da literatura universal: a morte. Ademais o fragmento é  unha introdución perfecta para investigar acerca do autor, da obra ou do período histórico no que se sitúa, o que nos serviría para investigar acerca da Guerra Civil Española, por exemplo.

Recursos similares:

https://goo.gl/XQdiAJ Fragmento de “A lingua das bolboretas” que tamén trata, desde unha perspectiva diferente, o tema da morte.

https://goo.gl/PSQfoV Fragmento de “Sempre Xonxa” que conta unha historia sobre o sol e a lúa.

Nome do recurso: A filla do ladrón de bicicletas     

URL: http://goo.gl/bzaxOL

Procedencia: Particular

Descrición: Unha serie de actividades interactivas que permite ao alumnado avaliar a súa comprensión lectora sobre a obra “A filla do ladrón de bicicletas”, xa que a propia páxina nos informa se a resposta que damos a cada unha das preguntas é correcta ou incorrecta.

Destinatarios: Alumnado de segundo ou terceiro ciclo, xa que o libro está recomendado para 9 a 12 anos.

Posibilidades didácticas: Se hai un neno con pouca comprensión lectora na aula podemos facer as actividades entre todos explicando cada resposta en alto para que o neno entenda por que é esa a resposta correcta. Ademais podemos aproveitar este formato de actividade para facer outras similares a respecto de lecturas que tamén vaian facer durante ese curso.

Recursos similares:

http://goo.gl/VUaEWD Actividades de comprensión lectora 

 

Conto

Nome do recurso: Exploramos o mundo cos cinco sentidos

URL: http://goo.gl/YYBXPZ

Procedencia: Particular

Descrición: Conxunto de vídeos de contos cantados. Contén sete títulos: Cocorico, Polo Pepe, Lobo Feroz, Mariluz Avestruz, Chocolata e Paco Papán e Corre, corre cabaziña.

Destinatarios: Crianzas de primeiro ciclo de Educación Primaria

Posibilidades didácticas: Podemos ensinarllos aos nenos e despois pedirlles que por grupos, para evitar situacións incómodas por timidez, escriban e debuxen un conto e lle poñan música. Este proceso podería gravarse seguindo o exemplo destes vídeos. Por outra parte, poderiamos utilizar os vídeos como introdución á lectura dándolles a oportunidade de ler na clase os textos que acompañan as cancións que máis lles gustaron.

Recursos similares:

https://goo.gl/ndm7cd Listaxe de contos cantados, unha grande parte coincide coa listaxe anterior

https://goo.gl/V0zGau Conxunto de contos clásicos cantados

 

Nome do recurso: Tres historias para ver...e aprender!

URL: http://goo.gl/0emccJ

Procedencia: Xunta de Galicia

Descrición: Tres fermosos contos animados que, aínda que veñen acompañados dunha proposta didáctica non é aplicábel para primaria, polo que habería que adaptala. Os tres contos son: Os sete cabritos, A pota que trota e Fiz, o coleccionista de medos.

Destinatarios: Aínda que inicialmente estea orientado cara o alumnado de Educación Infantil, podemos utilizalo tamén no primeiro ciclo de Educación Primaria.

Posibilidades didácticas: Unha vez adaptada a complexidade ao primeiro nivel de Primaria, podemos, por exemplo, analizar se hai personaxes que sexan malvados ou crueis nos contos que vexamos e por que é así a súa personalidade, e logo facerlles un xuízo no que una parte da clase os defenda e a outra queira metelos no cárcere dos contos.

Recursos similares:

https://goo.gl/jUKKzT “A cebra Camila”

https://goo.gl/5OLfwb “De paseo pola sabana”

https://goo.gl/E5jaPV “O sapo e o raposo”

https://goo.gl/nSx8DJ “A flor máis grande do mundo”

https://goo.gl/4dupwi “A orixe de Guau”

 

Nome do recurso: Sección de literatura de tradición oral. Polafías

URL: http://goo.gl/XrCwlu

Procedencia: Asociación de escritoras e escritores en lingua galega

Descrición: Vídeo e texto de numerosas polafías, isto é, cancións e contos populares procedentes da literatura oral e narradas por diversas persoas, normalmente de idade avanzada. Como hai vídeos que están orientados a un público máis adulto, recoméndase que os educadores os vexan antes de poñelos na clase.

Destinatarios: Docentes e alumnado.

Posibilidades didácticas: Estes vídeos sérvennos como introdución para facer unha escolma de contos e cancións populares desde a clase. As crianzas poderían preguntarlles aos seus familiares maiores cales eran as historias que lles contaban de pequenos, transcribilas e traelas á aula.

Tamén se lles podería pedir que gravasen as persoas que llelas contan e facer un pequeno arquivo de tradición oral no centro. Axudaría aos nenos a estabelecer relacións emocionais cos seus maiores, e ensinaríalles a clasificar e organizar.

Recursos similares:

http://goo.gl/xkfcvz Audiocontos

Nome do recurso: EducaLIM

URL: http://goo.gl/7JFYFT

Procedencia: Particular

Descrición: Biblioteca de arquivos LIM que contén vinte e catro arquivos diferentes entre os que podemos encontrar contos e actividades de comprensión lectora tanto deses como doutros títulos.

Destinatarios: Primeiro ciclo de Educación Primaria.

Posibilidades didácticas: Nunha grande parte dos contos LIM hai unha sección de actividades relacionadas coa historia nas últimas páxinas, polo que os nenos e as nenas poden utilizalos de maneira autónoma.

No caso de que non as teña ou queiramos facer actividades a nivel grupal podemos facer pequenos debates partindo de sinxelas preguntas para que os nenos reflexionen sobre a historia. Partindo do conto de Negros e brancos, por exemplo, poderiamos enumerar todas as diferenzas que hai entre nós e falar das virtudes da diversidade, partindo desta idea os alumnos poderían elaborar en grupos un novo conto.

Recursos similares:

http://goo.gl/6KJMlI “A illa do tesouro” – terceiro ciclo

http://goo.gl/R3I7PM “Astronomía”

http://goo.gl/tL9I27 “A castiñeira”

http://goo.gl/QY1Ist Contos variados con imaxes e actividades

 

Nome do recurso: Conto de Queixiño con pictogramas ARASAAC

URL: http://goo.gl/S8PNFc

Procedencia: Particular

Descrición: Presentación dunha pequena historia contada mediante o uso de pictogramas e debuxos con texto que nos narra como un pequeno rato se perde e coñece a varios personaxes antes de encontrar á súa familia.

Destinatarios: Alumnado con diversidade funcional ou nenos de primeiro ciclo que estean aprendendo a ler.

Posibilidades didácticas: O feito de que estes contos estean en internet danos a oportunidade de poñelos na pizarra dixital, por exemplo, o que nos permite favorecer a inclusión deste neno na aula; ademais, se utiliza taboleiros de pictogramas para comunicarse, axuda a que os seus compañeiros coñezan de forma divertida esta nova forma de comunicación. Despois diso poderíamos propor que, por grupos, se fagan preguntas sobre o conto e as respondan utilizando taboleiros de comunicación. Estes contos tamén poden utilizarse de maneira máis individualizada.

Recursos similares:

http://goo.gl/5SRgDK “Cocorico” – Conto e canción con pictogramas

https://goo.gl/7U0TS8 Conto dos Bolechas adaptado

https://goo.gl/Mhjz4Z Conto cantado con pictogramas

https://goo.gl/vmrabb Conto cantado con pictogramas

http://goo.gl/uPMEkI   Conto clásico dos tres porquiños adaptado

 

 

Nome do recurso: O reino dos contos

URL: http://goo.gl/XKte7B 

Procedencia: Particular

Descrición: É un blogue dedicado aos contos. Cada un deles está catalogado por idades que van dos seis aos catorce anos, sendo os máis abundantes os de oito e dez anos. Aínda que hai contos en galego e portugués, a cantidade de historias en galego ascende a cento trinta e sete.

Destinatarios: O alumnado dos tres ciclos de Educación Primaria

Posibilidades didácticas: Dado que unicamente se nos ofrece o texto dos contos podemos animar o estudantado a levar a cabo a parte máis visual facendo desde debuxos até maquetas ou representacións teatrais por grupos dos contos lidos en clase. Tamén podemos propoñerlles escribir un conto conxunto collendo partes dos que leamos na clase.

Recursos similares:

http://goo.gl/06kH2m Contos populares, literarios e espirituais, entre outros documentos.

http://goo.gl/Bd52hr Textos de contos en galego, aínda que a web estea en castelán.

Mitos e lendas

Nome do recurso: Galicia encantada

URL: http://goo.gl/9dxzBR 

Procedencia: Web de Antón Reigosa

Descrición: Páxina web que contén en arquivo de texto numerosos contos, mitos e lendas propios da cultura galega. Ademais inclúe un proxecto de investigación aplicábel para Educación Primaria na sección “Didáctica da fantasía” que parte de catro cuestionarios organizados por temas para fomentar a adquisición de información básica das lendas galegas.

Destinatarios: Os docentes e o alumnado

Posibilidades didácticas: Podemos propoñer entre todos un tema, por grupos buscar na web lendas e mitos sobre ese tema en concreto e logo de ler en alto as historias encontradas por cada grupo podemos analizar cales son os puntos en común entre elas e por qué son mitos ou lendas e non historias reais.

Ademais podemos tratar de crear unha lenda entre todos e indagar sobre lendas da nosa zona preguntándolle aos nosos maiores.

Recursos similares:

http://goo.gl/kQRECI Escolma de mitos e lendas.

http://goo.gl/pXO2Ph Compendio de contos e lendas.

http://goo.gl/tLf2Pz Lendas galegas clasificadas segundo a zona a que pertencen.

http://goo.gl/QLtHrp Lendas sobre ríos galegos.

 

bottom of page