top of page

XÉNERO LÍRICO

 

 

Poesía

Nome do recurso: Poemas para peques

URL: http://goo.gl/NSCEKt 

Procedencia: Particular

Descrición: É un blog no que se fai unha compilación de poemas, adiviñas e refráns para os máis pequenos que están catalogados tanto por temas como por autores.

Destinatarios: Os docentes e o alumnado

Posibilidades didácticas: A maioría dos poemas desta páxina están adecuados ao primeiro e segundo ciclo de Educación Primaria. Como se encontran catalogados tanto por autores como por temas, poderiamos buscar entre todos un poema relacionado con cada tema novo que empecemos noutras materias, traballando a poesía galega de forma interdisciplinar.

Nome do recurso: Autor@s nas súas voces

URL: https://goo.gl/6YMFyG

Procedencia: Particular

Descrición: É unha lista de reprodución na plataforma YouTube na que en cada un dos vídeos diferentes autores recitan partes da súa obra de forma musicada ou non.

Destinatarios: Os docentes

Posibilidades didácticas: O gusto pola poesía é algo difícil de transmitir aos nenos, pero ensinándolles algún destes vídeos e propoñéndolles levar a cabo unha iniciativa similar coas súas propias composicións poéticas podería favorecer a súa implicación.

Na nosa opinión esta actividade debería reservarse ao alumnado de terceiro curso de Educación Primaria.

Recursos similares:

http://goo.gl/4GMqdf Arquivo sonoro no que hai obras tanto poéticas como narrativas lidas polos seus propios autores. Ademais dan acceso ao texto literario.

https://goo.gl/hT5Cw9 Lista de reprodución con vídeos da poetisa galega Yolanda Castaño.

Nome do recurso: Aldaolado

URL: https://goo.gl/xMZqrt  

Procedencia: Particular

Descrición: Vídeo dun espectáculo de Lucía Aldao e María Lado no que cantan o himno galego coa melodía da canción de Pretty Woman. Existen máis vídeos delas moi interesantes, pero moitos non se axustan ao rango de idade de primaria tanto por contido como por vocabulario.

Destinatarios: O alumnado

Posibilidades didácticas: Este recurso permítenos mostrarlles aos nenos e ás nenas que a poesía pode ser moi divertida. Poderíamos ensinarlles o vídeo e ofrecerlles a posibilidade de poñerlles esta e outra música ao texto de Eduardo Pondal e a calquera outro da lírica galega. Permite actualizar os clásicos e motivar o alumnado pola poesía do Rexurdimento.

Nome do recurso: Son de poetas

URL: http://goo.gl/xUOpgp

Procedencia: Particular

Descrición: Lista de poemas musicados de diferentes autores galegos con acceso ao texto organizado en tres seccións diferentes dependendo da época. Ademais danos a opción de acceder á súa clasificación alfabética na columna da esquerda.

Destinatarios: O alumnado

Posibilidades didácticas: Podemos irlles poñendo cada día unha canción diferente ao comezo da clase para logo analizar o texto poético que se interpreta e debater en torno a el fomentando a expresión oral en público e a participación.

Recursos similares:

https://goo.gl/4qJO09 Lista de reprodución de poemas musicados de autores como Castelao, Manuel Rivas ou Rosalía de Castro, entre outros.

Nome do recurso: Poesíagalega.org

URL: http://goo.gl/6RBskk  

Procedencia: Grupo Alea de Análise Poética (GAAP) e Consello da Cultura Galega

Descrición: É un arquivo de poesía contemporánea galega que contén arquivos de  texto, de audio, de vídeo etc. O proceso de busca é moi intuitivo e exhaustivo, deixándonos procurar por data, autor/a, categoría ou tipo de recurso.

Destinatarios: Os docentes ou o alumnado de terceiro ciclo.

Posibilidades didácticas: A busca e clasificación é una destreza difícil de aprender e o uso desta ferramenta en parellas ou grupos, ofrécenos a oportunidade de traballar esta habilidade sen deixar de traballar a poesía contemporánea galega. Podemos, por exemplo, propoñer actividades de busca mediante unha WebQuest cuxos contidos e obxectivos estean estritamente relacionados coa poesía contemporánea galega.

Recursos similares:

http://goo.gl/w2yLZJ Escolma poética que abarca desde a Idade Media até a actualidade.

http://goo.gl/Sml5iX Poemas e contos en galego principalmente de autores descoñecidos.

Nome do recurso: Glosario da poesía medieval profana galego-portuguesa

URL: http://goo.gl/JJzfmJ

Procedencia: Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega (ILLA)

Descrición: Glosario que incorpora todas as palabras da lírica medieval profana galego-portuguesa, o que nos permite acceder ao seu significado e tamén ao seu uso en contexto, xa que incorpora todos os extractos de textos en que aparece con notas e unha clasificación moi exhaustiva, o que fai máis fácil achegarse dun estadio lingüístico que para o alumnado de EP está xa moi lonxe e pode resultar moi complexo. Con todo, aínda está en construción.

Destinatarios: Docentes ou crianzas de terceiro ciclo.

Posibilidades didácticas: Danos a posibilidade de traballar as cantigas medievais da forma máis adecuada. Podemos utilizala por exemplo para facer xogos de investigación e tradución poñendo ao alumnado en grupos e dándolles unha cantiga para que deduzan que é o que di. Unha vez traballado este aspecto podemos pedirlles que creen un texto en que utilizando o glosario traten de emular este estadio lingüístico.

Adiviñas

Nome do recurso: Que cousa é...

URL: http://goo.gl/ndMEFD

Procedencia: Particular

Descrición: É unha ferramenta interactiva válida para toda a etapa de Educación Primaria. O sistema é similar ao do aforcado: o neno ou a nena van escollendo letras e van completando a palabra.

Destinatarios: O alumnado

Posibilidades didácticas: Ferramenta entretida e motivadora que podemos utilizar para traballar co grupo clase na pizarra dixital ou en pequenos grupos. É unha forma de cultivar o respecto entre compañeiros e de ensinarlles a importancia das quendas. Despois podemos pedirlles que investiguen na casa e consigan novas adiviñas galegas para compartir na aula.

Recursos similares:

http://goo.gl/on7Cvk Adiviñas cun botón que che di a solución cando o premes.

Nome do recurso: Adiviñas populares galegas

URL: http://goo.gl/VEVaac 

Procedencia: Particular

Descrición: Compendio de adiviñas populares galegas coas súas respostas situadas debaixo de cada unha delas. Aínda que están recompiladas por unha estudante da ESO o nivel de dificultade é bastante elevado.

Destinatarios: Docentes

Posibilidades didácticas: Podería utilizarse, por exemplo, para imprimilas, recortalas e separar cada adiviña da súa resposta repartíndoas entre o alumnado para que teñan que dar con ela.  Poderiamos tamén separar as adiviñas por palabras e darllas aos nenos para que as poñan na orde correcta.

Recursos similares:

http://goo.gl/dvHexO Adiviñas en galego para nenos, as respostas están situadas na parte inferior da páxina.

bottom of page